A Federación Galega de Comercio vaticina “un caos” para os negocios da Mariña se pecha a fábrica

Os empresarios da comarca “teñen moito medo" e se non hai solución ao despedimento colectivo en Alcoa "o peche de moitos comercios é seguro", advirte a agrupación

Comercio con mensaxes reivindicativos a prol da continuidade do aluminio. JUAN MAYA

O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, vaticinou un “caos” para o comercio da Mariña e da provincia de Lugo se finalmente pecha a fábrica de aluminio de Alcoa en San Cibrao.

“Hai que ter en conta que economicamente Alcoa é unha porcentaxe moi importante na economía da comarca e da provincia, e se non vai para adiante vaise notar. As consecuencias serían nefastas nun curto prazo de tempo”, comentou Seijas, que constatou que os comerciantes desa comarca “teñen moito medo, saben que se non vai para diante (a venda a Liberty House ou a intervención do Goberno) o peche de moitos negocios é case seguro“, abundou. “Isto suporá un caos, e desaparecerán un bo número de empresas”, aventurou. Le a información completa no Lugo Xornal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here